Benvida do Director

fotoxabiercomesanha

Como Director do Conservatorio Profesional de Música de A Estrada, quero darlles a benvida a todas aquelas persoas que visiten a nosa páxina Web e ao mesmo tempo ofrecerlles un instrumento de información para todo o noso alumnado.

A Estrada é unha poboación cunha gran tradición musical, por iso o noso centro,  “O CENTRO DE TODOS”, é unha institución fundamental para a formación musical dos nosos rapaces/as, para que o día de mañán poidan ocupar postos de responsabilidade e sexan portavoces da nosa cultura musical.

O noso centro é de titularidade Municipal, imparte o Grao Elemental, dende a Escola e Conservatorio e o Grao Profesional dende o Conservatorio.

A función de todos os docentes do noso Conservatorio é de formar futuros profesionais e acadar que a música este presente de forma moi viva na nosa Vila.

Por todo esto queremos invitarvos a que visitedes e usedes a nosa páxina como ferramenta de información, agradecer a vosa colaboración con todos nós, é decir tamén que, como docentes estamos sempre a vosa disposición e vixiantes na formación educacional dos vosos fillos.

Cmus Profesional, Esmu da Estrada “ O CENTRO DE TODOS”.

Javier Comesaña