O Centro
O Conservatorio Profesional de Música da Estrada ten o seus inicios na década dos anos 80 como filial do conservatorio da "Real Sociedad Económica del Pais de Santiago", sendo directora Dona Manuela Sánchez Andrés.
No ano 1996, xa da man do actual director Javier Comesaña Pereira, pasa a ser un conservatorio autónomo, mantendo as ensinanzas do Grao Elemental, incorporando as ensinanzas de Grao Profesional e paralelamente ao Conservatorio créase a Escola de Música Municipal da Estrada.
Xunto co director e o grupo de profesionais docentes que forman o claustro de profesores, son moitos os alumnos que ano tras ano se forman nas distintas especialidades musicais que se imparten nestes centros.
Esta formación musical recibida acaba coa obtención do título de Grao Profesional, si ben son moitos alumnos/as que unha vez rematados estes estudios no noso centro, continúan a súa formación en Centros Musicales de Grao Superior de toda España, como poden ser os conservatorios da Coruña, Vigo, Badajoz, Madrid ou Palma de Mallorca.
Tamén dende o CMUS e a ESMU quérese facer unha aprendizaxe viva da música, creando para o respecto formacións colectivas diversas. Así os Centros teñen funcionando a Banda Xuvenil, a Orquestra Xuvenil de Cordas, Coro e Orquestra, sin descoidar agrupacións de cámara, duos, tríos, cuartetos, etc.
Tamén cabe destacar a participación activa dos alumnos nas distintas audicións e concertos que se programan durante o curso escolar, realizando intercambios con outros centros musicales da comunidade ou participando con outras expresións artísticas como teatro, letras etc.
As especialidades que se poden estudiar son moi diversas dentro das familias instrumentais: Vento metal, Vento madeira, Piano, Percusión e corda. Tamén dende a Escola os rapaces poden acercarse ao mundo musical dende os 4 anos, a través da materia Música e movemento.
Tlfno: 986572492 email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
|