Validacións

Para solicitar as validacións das materias do Conservatorio de Música, deberase presentar no centro a solicitude de validacións e o certificado académico que acredite a superación das materias necesarias. O alumnado que curse simultaneamente os cursos correspondentes para a validación poderá presentar o certificado académico que acredite a superación das materias ata a data en que se leve a cabo a avaliación final extraordinaria, noutro caso a materia figurará como pendente.

Nos documentos de avaliación correspondentes, utilizarase o código CV e/ou o termo validada no recadro referido á cualificación das materias obxecto de validación.

As validacións recollidas nesta orde serán aplicadas pola dirección do Conservatorio, por petición dos/as pais/nais ou titores/as legais do alumno ou alumna, á vista do certificado académico expedido polos centros que impartan a Educación Secundaria Obrigatoria ou o Bacharelato, ou centro autorizado, en que se acredite a superación da materia susceptible de ser validada.

Cada materia só poderá ser utilizada unha única vez para as validacións establecidas nesta orde. Conforme o artigo 3 do Real decreto 242/2009, do 27 de febreiro, as materias obxecto de validación non serán tidas en conta no cálculo da nota media.

Orde do 7 de xullo de 2010 polo que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa ensinanzas profesionais de música e as ensinanzas de réxime xeral