Matrícula
Para matricularse no Cmus Profesional da Estrada ou na Esmu Municipal deberán de seguir os seguintes pasos de acordo co grao e curso no que se queira matricular:
- Instrucións para cubrir o impreso.
- Descargar e cumprimentar o impreso de matrícula ou da proba de acceso:
Descargar pdf. (Pode cumprimentalo dende a aplicación)
- Aboar o importe correspondente na sucursal de ABANCA no número de conta que se indica na parte inferior do impreso.
- Presentalo na oficina do Conservatorio, asinado, xunto co xustificante bancario.
INICICACIÓN, só Escola de Música
- O período de INICIACIÓN, corresponde a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos.
- No 1º, 2º e 3º curso de INICIACIÓN asistirán ás asignaturas de Música e Movemento e Práctica Instrumental, que será de unha hora á semana para cada unha delas.
- Non se formalizará a matrícula a nenos/as de 4 e 5 anos (1º e 2º de INICIACIÓN), cando o número de solicitudes non alcance un mínimo para facer grupo.
- Os nenos/as que se matriculen en 3º ou 4º de INICIACIÓN, ó longo do curso farán unhas probas cos instrumentos das especialidades que se imparten no centro, co fin de valorar cal deles se adapta mellor a súas características e cursar esa especialidade para o curso seguinte.
GRAO ELEMENTAL, para o Conservatorio e Escola
- Para poder matricularse en 1º de GRAO ELEMENTAL, o alumno/a terá que ter cumpridos ou cumprir os 8 anos,ou máis, nese ano natural.
- Deberá de realizar unha proba de aptitude, gratuíta, que será valorada polos profesores. As cualificacións destas probas determinarán os/as alumnnos/as que accederán ás plazas que estivesen convocadas. Aqueles que non acaden praza na especialidade solicitada quedarán en lista de espera por si algún dos titulares non se matricula ou daráselle a posibilidade de matricularse noutra especialidade.
- Para acceder aos demais cursos (2º, 3º ou 4º) do Grao Elemental deberá de facer a proba de acceso que será elaborada polos profesores de acordo co nivel do correspondente curso.
- As materias que cursarán serán as de Linguaxe Musical, (dúas sesións á semana), Educación Auditiva e Vocal (unha sesión á semana) e o instrumento asignado (unha sesión á semana).
DESCARGA AQUÍ A INSCRICIÓN PARA A PROBA DE APTITUDE
(Pode cumprimentalo dende a aplicación)
GRAO PROFESIONAL, só Conservatorio
- Para poder iniciar os estudos no GRAO PROFESIONAL, o alumno/a deberá, matricularse e superar unha proba de acceso, que será avaliada polos profesores e ditaminarán que o aspirante reúne as condicións esixidas para o seu ingreso.
- Para acadar o título de GRAO PROFESIONAL deberá de superar os seis cursos que completan esta titulación.
PARA SABER OS IMPORTES DE MATRÍCULA DOS CORRESPONDENTES GRAOS DESCARGUEN O PDF DE INTRUCCIÓNS Ó INICIO DESTA PÁXINA